Unha alucinante aventura coa que continúa a publicación en galego desta exitosa serie infantil de Fermín Solís, presentada nunha edición extraordinaria para coleccionistas, cun novo deseño e incluíndo materiais inéditos.
A Astro-Rato éntralle a morriña espacial e, para animalo, os seus compañeiros de tripulación organízanlle unha viaxe de vacacións, sen decatarse de que a súa boa intención acaba por levalos a un universo paralelo máis alá do espazo… e do tempo!
| ISBN | 978-84-122478-3-1 |
|---|---|
| Tamaño | 21 x 29 cm |
| Encadernación | Rústica con lapelas |
| Páxinas | 56 |
| Idiomas | Galego |
12,00€
- Envío gratis
Compostela Ilustrada
LeComigo






