Astro Rato e Lampadiña 3. Patacator Cocido.

Escrito e debuxado por:Fermín Solís

Astro Rato e Lampadiña 3. Patacator Cocido.

Escrito e debuxado por:Fermín Solís

Unha acirolante aventura coa que continúa a publicación en galego desta exitosa serie infantil de Fermín Solís, publicada agora nunha edición extraordinaria para coleccionistas, cun novo deseño e incluíndo materiais inéditos.

Patacator é un tipo malo de dixerir, pero para iso están os nosos amigos: para pelar as patacas bravas e poñelas a cocer! No seu periplo sideral, os nosos heroes vanse atopar de novo cun iracundo Patacator metido a autor de best-sellers. Na súa fuxida coñecerán a un novo personaxe que os levará a participar na carreira de naves espaciais máis tola de todas.

ISBN 978-84-949050-8-7
Tamaño

21×29 cm

Encadernación

Rústica con lapelas

Páxinas

60

Idiomas

Galego

12,00
  • Envío gratis
Fausto Deseño Asociados
Ir al contenido