Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados desde o nivel máis baixo, o dos “proletas”, ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais.
| ISBN | 978-84-937256-6-2 |
|---|---|
| Tamaño | 22 x 29,5 cm |
| Encadernación | Rústica con lapelas |
| Páxinas | 56 |
| Idiomas | Galego |
9,95€
- Envío gratis
Compostela Ilustrada
LeComigo



