Edición en formato libro e en tradución ao galego da historia que Miguelanxo Prado escribiu a partir dunha serie de óleos e que serviu de base para a realización do filme de animación do mesmo título. A historia sitúase nunha casa no medio do mar na que viven namorados unha muller que toca o violonchelo e un pintor engaiolado polo universo mariño. O pintor, nunha das súas saídas ao mar canda os pescadores para gozar das súas cerimonias e do silencio e debuxar criaturas reais e imaxinadas, cae vítima dunha terrible maldición namentres a súa amada agarda por el inutilmente.
| ISBN | 978-84-612-4765-3 |
|---|---|
| Tamaño | 30 x 21 cm |
| Encadernación | Cartoné |
| Páxinas | 90 |
| Idiomas | Galego |
18,00€
- Envío gratis
Compostela Ilustrada
LeComigo


