Camiñamos para Parar

Escrito e ilustrado por:Miguelanxo Prado/ Rita Sabler

Camiñamos para Parar

Escrito e ilustrado por:Miguelanxo Prado/ Rita Sabler

O 1 de setembro de 2022, no Barco de Valdeorras, o debuxante galego Miguelanxo Prado e a xornalista visual norteamericana Rita Sabler iniciaron a peregrinación polo Camiño de Inverno. Para desta aventura de nove días levaron tan só unhas postais en branco e unha pequena caixa de acuarelas. Igual ca os peregrinos de todas as épocas ambos sufriron os rigores das etapas, pero lograron superalas e converter cada parada nunha imaxe fermosa. Este libro recolle 64 postais nas que os dous autores aglutinaron as súas vivencias do Camiño, tanto coa ilustración —reproducidas no tamaño do orixinal— como coa escrita —verquida a tres linguas: galego, español e inglés—, e incluíndo unha escolma de fotografías dunha viaxe intensa e apaixoante.

Un proxecto de Turismo de Galicia, dentro do marco do Xacobeo 21-22, patrocinado polas Bodegas Rectoral de Amandi.

ISBN 978-84-122478-4-8
Tamaño

10,5×15,5 cm

Encadernación

Rústica

Páxinas

192

Idiomas

Galego con tradución ao galego e inglés

15,00
  • Envío gratis
Fausto Deseño Asociados
Ir al contenido