Compostela Ilustrada 2016-2023

Ilustrado por:Varios autores

Compostela Ilustrada 2016-2023

Ilustrado por:Varios autores

O Encontro Internacional Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada nace en 2016 como unha cita ineludible no calendario para o público amante do debuxo urbano. Cada ano deseñamos un coidado e atractivo programa e traemos uns instrutores e instrutoras de primeiro nivel para que os cen participantes que aquí se reúnen poidan aprender e gozar dunha cidade coma a nosa. Trátase, a día de hoxe, do único evento destas característi- cas que existe en toda a Península Ibérica, ademais de ser moi valorado non só polos asistentes, senón tamén pola comunidade internacional de debuxantes de rúa.
Neste libro presentamos unha parte das ilustracións que realizaron durante estes oito anos os máis de sesenta convidadas e convidados que acudiron ao Encontro. Todos e todas quedaron sorprendidos desta experiencia e sentíronse parte do día a día de Compostela, paseando polos seus parques, mercando na Praza de Abastos, percorrendo as súas rúas molladas e plasmando nos seus cadernos esas imaxes.

ISBN 978-84-122478-8-6
Tamaño

24×17 cm

Encadernación

Rústica

Páxinas

200

Idiomas

Edición bilingüe en galego e castelán

18,00
  • Envío gratis
Fausto Deseño Asociados
Ir al contenido