Catro ilustradoras —Maru Godás, Celia Burgos, Nanda Cabaleiro e Ana Luisa Frazao— entran a Santiago por distintos camiños —o Portugués, a Vía da Prata, o Camiño Francés e o Inglés— para debuxar os parques e xardíns que rodean a cidade histórica. En cinco días de traballo, con sol, con chuvia, con frío, estas ilustradoras conseguiron encher de cor un total de 40 estampas que amosan que Compostela é moito máis ca unha cidade histórica cuberta de arte por todas as partes: tamén é unha cidade verde, rodeada pola natureza.
| ISBN | 978-84-949050-0-1 |
|---|---|
| Tamaño | 24×17 cm |
| Encadernación | Cartoné |
| Páxinas | 64 |
| Idiomas | Edición bilingüe en galego e castelán |
15,00€
- Envío gratis
Compostela Ilustrada
LeComigo






