Guía Ilustrada do Camiño de Santiago

Escrito e ilustrado por:Joaquín González Dorao

Guía Ilustrada do Camiño de Santiago

Escrito e ilustrado por:Joaquín González Dorao

O ilustrador Joaquín González Dorao (Cádiz, 1962) —un vello coñecido na nosa editorial, na que xa publicou títulos como a Guía Ilustrada da Catedral de Santiago, a Guía Ilustrada das Igrexas de Santiago ou a Guía Ilustrada da Praza de Santiago— percorre agora o Camiño de Santiago equipado con lapis e acuarelas para ofrecernos un caderno que é unha completa guía para o viaxeiro. Coma calquera outro peregrino, o gaditano realiza cada etapa nunha xeira, pero cunha dificultade engadida: o reto de debuxar todo aquilo que vive e ve. Pouco e pouco, páxina a páxina, o lector poderá visualizar a experiencia do Camiño a través de debuxos e textos, compartir o día a día con outros e outras camiñantes, coñecer a arte de cada lugar, experimentar a natureza como unha constante, os momentos de soidade, as paradas para o descanso, a dor física, o obxectivo diario de ir deixando quilómetros atrás…, e así ata chegar á ansiada Compostela.

ISBN 9788494905018, 978-84-949050-2-5, 9788494905032, 9788494905049
Tamaño

17×21 cm

Encadernación

Cartoné

Páxinas

136

Idiomas

Francés, Galego, Castelán, Xaponés

25,00
  • Envío gratis
Fausto Deseño Asociados
Ir o contido