«Pasaron 33 anos desde que pisei o mercado por primeira vez, e sigo indo, polo menos, unha vez á semana. Non cambiou tanto: rexuveneceron os compradores e tamén o propio mercado, que hoxe en día é un espazo máis vivo e atractivo, a medio camiño entre a tradición e a modernidade, aínda que en esencia segue sendo a mesma praza á que me levaba a miña avoa cando era unha nena». Os recordos e as vivencias da autora, asidua usuaria da Praza de Abastos —o monumento máis visitado de Santiago de Compostela despois da Catedral— retratada polo áxil pincel de Joaquín González Dorao.
ISBN | 978-84-945512-6-0, 978-84-938225-9-0, 978-84-945512-5-3, 978-84-945512-7-7 |
---|---|
Tamaño | 17×24 cm |
Encadernación | Cartoné |
Páxinas | 64 |
Idiomas | Inglés, Galego, Castelán, Xaponés |
20,00€
- Envío gratis