Innumerables igrexas, mosteiros, conventos, pequenas capelas… compoñen hoxe a paisaxe urbana de Santiago de Compostela. Dalgunhas delas —elixidas fundamentalmente o interese espertado no artista que as ilustra, e non só polo seu interese histórico ou artístico— ocúpase brevemente este libro. En conxunto conforman un itinerario suxestivo e signicativo que mostra a beleza de Santiago e o seu profundo interese cultural e turístico, froito da súa historia estraña e singular. Móstrannolas de forma amena e profunda a erudición de Marta González e o áxil pincel de Joaquín González Dorao, de novo xuntos despois da súa exitosa Guía Ilustrada da Catedral de Santiago.
ISBN | 978-84-947348-0-9 |
---|---|
Tamaño | 17 x 24cm |
Encadernación | Cartoné |
Páxinas | 64 |
Idiomas | Galego |
20,00€
- Envío gratis