Peregrinas Ilustradas
Cliente:Turismo de Galicia
Ano:2023
No ano 2017 puxemos en marcha un proxecto que reúne a ilustradoras nacionais e internacionais co obxectivo de debuxar os camiños de Santiago. A peregrinación é un modo de reflexión, de conexión cunha mesma e coa natureza; tamén de comunicación e intercambio de cultura coas persoas que nos rodean. Por iso é polo que a nosa idea fose trasladar todos eses valores do camiño ao debuxo.
Ademais deste obxectivo xeral queriamos visibilizar o papel das mulleres no mundo da arte. O desequilibrio neste sector entre xéneros é enorme, así que estas accións permitíannos abrir novos camiños a artistas que, a pesar da súa mestría, non alcanzan as mesmas oportunidades que os seus compañeiros.
O resultado destes seis anos son máis de 200 ilustracións de seis camiños diferentes realizados polas artistas: Fernanda Lamelas, Teresa Ruivo, Isabell Seidel, Blanca Escrigas, Pilar Barral, Amelia Palacios, Ana Grasset, Aurora Villaviejas, Maru Godás, Róisín Curé, Ana Luisa Frazao, Celia Burgos, Nanda Cabaleiro, Catalina Rodríguez Villazón e Rita Sabler.
Comisariado:Gemma Sesar
Lugar:Museo das Peregrinacións e de Santiago