O debuxo é o Camiño
Cliente:Turismo de Galicia
Ano:2022
Neste proxecto realizamos unha vez máis unha acción contorna a un camiño, neste caso o Camiño Inglés, debuxando coa artista catalá Maru Godás e a ilustradora irlandesa Róisín Curé. Durante dez días, ambas percorreron as distintas etapas, de Ferrol a Santiago, debuxando, no caso de Godás acrílicos de gran formato e no de Curé acuarelas en tamaño A3. O resultado final foron máis de trinta ilustracións por cada autora, das que se fixeron unha selección que se imprimiu en teas e montou en caixas de luz. A exposición, acompañada dun vídeo/entrevista ás ilustradoras na que relatan a experiencia, puidose ver nas salas de A Banca en Ferrol, Santiago, A Coruña e na Universidade de Newcastle.
Comisariado:Gemma Sesar
Lugar:A Banca (Ferrol, Santiago, A Coruña). Newcastle University