Á violencia de xérero… dille NON!
Cliente:Secretaría Xeral da Igualdade
Ano:2016
Neste proxecto quixemos achegarnos aos e as adolescentes para mostrarlles condutas que a diario están a ver na súa contorna e que moitas veces non identifican como Violencia de Xénero. Como base realizáronse doce ilustracións mostrando situacións dabondo coñecidas para eles e elas, de control, chantaxe emocional, humillación, sextorsión… como maneira para reflexionar en voz alta e facerlles ver a realidade que moitas veces oculta o amor.
Coas ilustracións realizouse unha exposición itinerante, para os centros escolares de Galicia, xunto a un folleto e unha unidade didáctica para traballar o tema da violencia de xénero nas aulas.