Dous Camiños. Kumano/ Santiago
Cliente:Secretaria Xeral da Igualdade
Ano:2020
Dentro do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada organizamos cada ano un proxecto con ilustradoras no que queremos poñer en valor o papel da muller no mundo da arte. Para iso propoñemos a unha artista a realización dunha acción tendo como pano de fondo uno dos camiños a Santiago.Nesta cuarta edición seleccionamos á asturiana Catalina Rodríguez Villazón para levar a cabo un ambicioso proxecto que lle levaría a percorrer e debuxar o Kumano Kodo e o Camiño de Inverno. No mes de novembro de 2019 Catalina chegou á prefectura de Wakayama, para empezar o Kumano Kodo. Durante esta estancia estivo acompañada pola fotógrafa norteamericana Caroline White encargada de retratar este camiño milenario.
Ao seu regreso do país nipón xorde unha colaboración coa ceramista Covadonga do Campo, que deu como resultado unha interpretación libre e persoal das similitudes descubertas nos grafismos entre Galicia e Xapón.
A segunda parte do proxecto —o Camiño de Inverno—, realizouse a última semana de maio de 2020 cando, tras o Covid, abríronse de novo as portas das casas. Desde as Medulas a Santiago percorremos as distintas etapas nunha época singular, nas que os peregrinos eran escasos, o que fixo que puidésemos gozar aínda máis de cada parada desde o punto de vista dos que viven nelas. A natureza deste camiño, unha constante de principio a fin, converteu esta viaxe nunha xanela aberta e unha reflexión constante sobre nós mesmas.
Todo este traballo -as ilustracións de Catalina Rodríguez, as fotografías de Caroline White, as pezas cerámicas de Covadonga do Campo, e un audiovisual onde se explica a experiencia- puidose ver nunha mostra no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Comisariado:Gemma Sesar
Lugar:Museo das Peregrinacións e de Santiago