Hai 150 anos que saíu do prelo por vez primeira o conto que o diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson inventara para distraer o recreo das irmás Liddell, e que o converteu xa para sempre no escritor Lewis Carroll, seudónimo co que firmou esta obra, unha das máis influintes da literatura universal. Co gallo da efeméride velaquí esta edición, que conta coa versión galega de Xavier Queipo, Premio Nacional pola súa colaboración na versión galega de Ulysses, de James Joyce. As colaxes que adornan o libro, obra de Fausto Isorna, pretenden fuxir da clásica iconografía de Alicia —asentada na espléndida versión de Tenniel—, e ofrecer unha ollada máis adulta, explorando as vertentes máis surrealistas e psicodélicas do texto.
ISBN | 978-84-938832-8-7 |
---|---|
Tamaño | 17 x 24 cm |
Encadernación | Cartoné |
Páxinas | 136 |
Idiomas | Galego |
- Envío gratis