A través do espello e o que Alicia alí encontrou

Escrito por:Lewis Carroll. Tradución Xavier Queipo Ilustrado por:Fausto Isorna

A través do espello e o que Alicia alí encontrou

Escrito por:Lewis Carroll. Tradución Xavier Queipo Ilustrado por:Fausto Isorna

Esta segunda parte das aventuras de Alicia está, considerada polos estudosos de Carroll como a culminación dos recursos postos en xogo en Alicia no País das Marabillas (El Patito Editorial, 2015), contén algunhas das súas pasaxes máis populares: o encontro con Ovo Redondo —Humpty Dumpty—, o xardín das flores que falan ou o celebérrimo poema absurdo Galimatán —Jabberwocky—. Con este volume, ilustrado brilantemente por Fausto Isorna, péchase a posta ao día dunha obra fundamental que abriu novos horizontes á literatura e expandiu a súa influencia a outras disciplinas artísticas, non só de forma directa —convertendo a Alicia e a moitas das protagonistas dos libros en personaxes recoñecidas universalmente—, senón tamén servindo de inspiración e abrindo portas a novas maneiras de entender a creación, forzando os límites da materia artística.

ISBN 978-84-947348-6-1
Tamaño

17×24 cm

Encadernación

Cartoné

Páxinas

168

Idiomas

Galego

22,00
  • Envío gratis
Fausto Deseño Asociados
Ir al contenido