O Camiño de Santiago debuxado
Cliente:Xunta de Galicia
Ano:2018
O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao, colleu a súa mochila, meteu todo o necesario para facer o Camiño e, ademais, un caderno, acuarelas, lapis…, para comezar, como un peregrino máis, o Camiño Francés desde Roncesvalles a Santiago. O seu reto era crear unha obra con ilustracións e texto que recollese a vivencia dun peregrino do século XXI; o que se plasmou no libro “Guía Ilustrada do Camiño de Santiago”- El Patito Editorial, 2018.
Esta mostra presenta unha selección de 25 dobres páxinas desta publicación coa vivencia nos distintos pobos e cidades polas que pasa este camiño declarado Patrimonio da Humanidade.
Comisariado:Gemma Sesar
Lugar:Museo das Peregrinacións e de Santiago