Compostela Iconográfica. Unha visión do século XXI
Cliente:Deputación de A Coruña/ Concello de Santiago
Ano:2011
Con este proxecto expositivo buscabamos achegar aos máis novos, e ao público en xeral, ás vidas de santos e os símbolos que caracterizan a súa iconografía. Nunha cidade como Santiago, rodeados de igrexas e festas relixiosas, criamos necesario ensinar, a través dunha exposición totalmente nova, os atributos que permiten recoñecer aos santos máis comúns nos templos de calquera cidade do mundo
Contamos como aliado para este ambicioso proxecto co artista madrileño Jack Mircala, famoso polos seus traballos en estilo gótico, para que realizase unha selección de 24 santos composteláns. El cuns humildes materiais -tesoiras, cúter, pegamento de barra, cartolinas e lapis de cores- deu vida a estas figuras que causaron gran asombro nas máis de mil persoas que durante semanas puideron ver esta exposición efémera no Palacio de Gelmirez da Catedral de Santiago.
Comisariado:Gemma Sesar
Lugar:Pazo de Xelmírez. Catedral de Santiago