Continúan as aventuras desta familia, con dous fillos pequenos e unha empresa que trata de sobrevivir á crise. Coa chegada da primavera parece que a situación mellora e que as enfermidades dos máis pequenos afrouxan un pouco o seu ritmo. Aínda que segundo pasan os días novos “contratempos” chegan ao fogar. O día a día segue sendo un caos, aínda que a nai se esforza para casar traballo e vida familiar do mellor xeito posible. Con este segundo volume péchase o ciclo dunha novela gráfica que fai do cotián algo orixinal e sorprendente.
| ISBN | 978-84-942206-8-5, 978-84-942206-7-8 |
|---|---|
| Tamaño | 17×24 cm |
| Encadernación | Cartoné |
| Páxinas | 72 |
| Idiomas | Galego, Castelán |
18,00€
- Envío gratis
Compostela Ilustrada
LeComigo


