Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dos fillos pequenos («quererás dicir: unha filla e un fillo»), sen axuda para atendelos («outra vez sen asistenta!») e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise. A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos. O talento gráfico de Marcos e Castelli é aquí o mellor aliado para contar unha historia, que podería ser a de calquera, cuia forza radica na mirada, ás veces tenra, ás veces crúa, da súa mesma protagonista, Gemma Sesar.
ISBN | 978-84-941109-7-9 |
---|---|
Tamaño | 17×24 cm |
Encadernación | Cartoné |
Páxinas | 72 |
Idiomas | Galego, Castelán |
- Envío gratis