Xirarei. Deseño de cubertas no disco galego. 1955-1995
Cliente:Auditorio de Galicia
Ano:2019
Estamos ante un proxecto expositivo que non pretende ser unha revisión cronolóxica ou histórica no eido da música en Galicia, senón unha homenaxe ao vinilo e a carpeta nun ‘safari tipolóxico’ de portadas que se agrupan e relacionan por temas. Parte o percorrido expositivo –de case 600 discos (entre LPs e sencillos)– co disco de Joselín do ano 1955, primeiro EP con ilustración na portada do que temos constancia nesta mostra; desde aquí unha viaxe de 40 anos levará as/aos espectadores desde estas primeiras portadas xenéricas, onde o deseño aínda era secundario, ata o momento no que adquire presenza con nomes como Pepe Barro, Xoán Piñón ou Victor Aparicio.
O comisario da mostra, Fausto Isorna, sitúanos diante da portada do disco como elemento de arte Pop pensado dende o punto de vista comercial, como obxecto para vender e chegar ao maior número de lugares.
Comisariado:Fausto Isorna
Lugar:Auditorio de Galicia