Rosalía Inspírame
Cliente:Secretaría Xeral de Política Lingüística
Ano:2022
Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o 23 de febreiro, creamos unha acción para achegar a figura de Rosalía de Castro a toda a sociedade a través do debuxo. Contamos para iso coa artista catalá Maru Godás, que creou un mural en directo sobre a figura de escritora para a posterior edición do mismo en formato póster. Godás, coñecedora da súa obra poética introduciu, xunto ao seu retrato, elementos que están presentes nos seus textos de maneira constante. Todo o proceso de creación do mural foi gravado.
Para completar este proxecto realizouse un vídeo na que, a tamén escritora, Tamara Andrés le poemas de Follas Novas en distintos espazos da cidade, poemas que no seu día foron musicados por Fran Pérez Narf no cd Nas Tardes Escuras (O Patito Editorial, 2013). A arte de Maru Godás, a voz de Tamara Andrés e a música de Narf fúndense nesta pequena peza audiovisual para volver dar vida a Rosalía de Castro.