Conta comigo
Cliente:Concello de Santiago/ Valedor do Pobo Galego
Ano:2013
Con esta campaña queriamos sensibilizar á poboación sobre o problema da Violencia de Xénero coa que todos e todas dalgunha maneira estamos en contacto. Buscabamos por unha banda, darlle apoio ás vítimas para que non se sentiran soas e pedisen axuda, e por outro, que os propios cidadáns e ciudadanas abriramos os ollos sobre posibles casos na nosa contorna.
Realizáronse pousavasos para a hostalería e postais que se distribuíron nos comercios, con imaxes realistas dun fillo, uns avós,un pai e unha xefa que mandaban unha mensaxe positiva e de esperanza a esa muller que sofre violencia de xénero.
As ilustracións foron realizadas polo pintor madrileño Fernando Vicente.