Manolo Prieto é un clásico do deseño gráfico e a ilustración en España, coñecido popularmente pola creación do emblemático icono do Toro das Bodegas Osborne. Ao longo da súa dilatada carreira Prieto realizou unha inxente cantidade de carteis e cubertas de libros dunha calidade excepcional. Este libro recolle unha selección de 150, de entre as máis de 600 portadas da revista literaria de quiosco Novelas y Cuentos nas que, con gran economía de medios, Prieto conxugou as linguaxes de vangardas artísticas, como o cubismo ou o surrealismo, coa súa gran capacidade de abstracción, e o seu dominio do debuxo, reducido este a os seus compoñentes máis básicos: liña, mancha de cor e un expresivo sombreado. Unha obra mestra.
ISBN | 978-84-945512-2-2 |
---|---|
Tamaño | 17×24 cm |
Encadernación | Cartoné |
Páxinas | 160 |
Idiomas | Castelán |
- Envío gratis