Este terceiro volume da colección Illadas está dedicado A Illa de Arousa, enclave paradisíaco na ría do mesmo nome na provincia de Pontevedra. A través das miradas da xornalista Gracia Lacal e da afamada acuarelista Marielle Durand penetraremos nas fermosas paisaxes da maior illa de Galicia e coñeceremos aos seus habitantes, unha poboación estable que desenvolve alí a súa vida cotiá durante todo o ano e vese convertida, nos meses estivais, en lugar de veraneo masivo. O texto descóbrenos aos insulares e os seus costumes, con pinceladas da súa historia e cultura, nun paseo continuo pola súa xeografía, en días e noites que parecen non ter fin nun verán que languidece lentamente. En paralelo, as ilustracións móstrannos unha illa colorista, repleta de sol e praias, lugares e recunchos para perderse.
Esta obra recibiu unha Axuda á Edición do Ministerio de Cultura e Deportes.
| ISBN | 978-84-122478-7-9 |
|---|---|
| Tamaño | 26×20 cm |
| Encadernación | Cartoné |
| Páxinas | 88 |
| Idiomas | Castelán |
- Envío gratis
Compostela Ilustrada
LeComigo





