Cúmprense dez anos da publicación da Guía Ilustrada da Catedral de Santiago, un traballo minucioso e exhaustivo no que se quixo mostrar este monumento a través da súa historia e da súa arte. Para iso contamos con Joaquín González Dorao, ilustrador gaditano cunha longa traxectoria en debuxar cadernos de viaxe; e a medievalista galega Marta González, que escribiu numerosos estudos e libros sobre a peregrinación a Santiago. Os argumentos de ambos os dous autores fusiónanse nesta guía de forma natural, ofrecendo ao público unha visión actual da Catedral e o seu ámbito, con edicións en castelán e galego. Un libro necesario para os visitantes e imprescindible para todos aqueles que queiran coñecer mellor o primeiro monumento de Galicia.
ISBN | 978-84-128632-8-4, 978-84-128632-7-7 |
---|---|
Tamaño | 17×21 cm |
Páginas | 88 |
Idiomas | Galego, Castelán |
Encuadernación | Rústica |
- Envío gratis