Mulleres en Compostela. Elas tamén contaron
Cliente:Financia Concello de Santiago a través de las Subvenciones al fomento de la cultura 2022
Ano:2022
Neste proxecto quixemos destacar o importante labor de 19 mulleres compostelás ou vinculadas á cidade, que aínda a día de hoxe permanecen no anonimato pero que tiveron un papel de vital importancia en Santiago; ademáis de outras xa consagradas. A historiadora Encarna Otero realizou para este traballo unha selección daquelas que merecen un recoñecemento, e ás que ela leva anos seguindo a pista e desentrañando a súa historia.
Todo ese material presentouse nun libro no que Encarna fai unha breve biografía da muller, vinculándoa a un espazo da cidade a través das ilustracións do malagueño Luis Ruiz Padrón. Ademais esta acción compleméntase cunha páxina web https://mulleresencompostela.gal que recolle os vídeos nos que a investigadora nos explica o papel de cada unha destas mulleres e unha unidade didáctica para os centros escolares.