O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue artellar en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando ese novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Mais a súa memoria comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou agochar os efectos da enfermidade. Engurras conta con precisión e dende unha ollada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008.
ISBN | 978-84-939434-0-0 |
---|---|
Tamaño | 17 x 24 cm |
Encadernación | Cartoné |
Páxinas | 116 |
Idiomas | Galego |
- Envío gratis